Effects of Transcranial Direct Current Stimulation on Long-term Motor Learning and Retention

  1. Sevilla-Sánchez, Marta
Dirixida por:
  1. Miguel Ángel Fernández del Olmo Co-director
  2. Tibor Hortobágyi Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de maio de 2022

Tribunal:
  1. Helena Fernández Lago Presidente/a
  2. Gonzalo Márquez Sánchez Secretario
  3. Germán Gálvez García Vogal
Departamento:
  1. Educación Física e Deportiva

Tipo: Tese

Teseo: 720633 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Optimizar o proceso de ensino-aprendizaxe é fundamental durante a vida. A estimulación transcraneal de corrente continua (tDCS) podería optimizar a curva de aprendizaxe motora. O obxectivo da tese foi estudar os efectos do tDCS na aprendizaxe, incluída a fase de retención. O primeiro estudo controlado aleatorizado explorou os efectos da aplicación de tDCS antes, durante ou despois da práctica sobre a retención en 100 participantes. Despois dunha sesión, observáronse cambios de rendemento similares en todos os grupos nunha tarefa aleatoria de tempos de reacción. No segundo estudo controlado aleatorizado, examinamos os efectos do tDCS no rendemento da dixitación. Os 63 participantes completaron un programa estruturado de 3.5-meses que incluía 20 prácticas e 3 avaliacións (pre-, media- e post-intervención). O grupo tDCS funcionou mellor na fase rápida de aprendizaxe en comparación co grupo placebo e o grupo control, aínda que estas diferenzas disipáronse a partir da sesión 11. En conclusión, o tDCS parece ser seguro cando se aplica en varias sesións en adultos novos sans, pero non é efectivo para mellorar a aprendizaxe das habilidades motoras en comparación cos grupos control e placebo