Against the Dominant FictionSeeking Alternatives to Hegemonic Fatherhood in Contemprary U.S.Literature

  1. Villamarín Freire, Sara
Dirixida por:
  1. José Liste Noya Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 05 de maio de 2022

Tribunal:
  1. Jesús Benito Sánchez Presidente/a
  2. Begoña Simal Secretaria
  3. Hanna Meretoja Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Resumo

A miña tese doutoral analiza o papel da literatura na construcción de modelos de paternidade non patriarcais, e plantéxase até que punto é posible repensar a figura paterna fóra dos límites da masculinidade tradicional a través do uso da imaxinación narrativa. Partendo da base de que tanto a masculinidade como a paternidade poden ser concebidas como narrativas no sentido proposto por Hanna Meretoja (2018), esta investigación aborda a transformación sufrida polos paradigmas de paternidad nos últimos trinta anos en diversas disciplinas, desde a psicoanálise até os estudos de masculinidade. Polo tanto, esta investigación pretende arroxar luz sobre estas alternativas, e preguntarse se é posible concebir modelos de paternidade que non fosen conformados en base ao modelo patriarcal. Arguméntase, aplicando a noción de imaxinación narrativa, que o potencial ético da literatura pode promover modelos de representación paterna que van alén dos límites do ideario hexemónico actual. En particular, examínanse as figuras paternas que aparecen nas obras The Invention of Solitude (Paul Auster, 1982), Fun Home (Alison Bechdel, 2006), The Road (Cormac McCarthy, 2006) e The Father (Sharon Olds, 1992). A miña intención é demostrar que cada un destes textos emprega distintos mechanismos para repensar a paternidade e o vínculo paterno-filial de maneira non patriarcal, e por ende dun xeito verdadeiramente ético.