Medida de propiedades de electrolitos basados en Líquidos Iónicos para dispositivos electroquímicos
- Ausín Neira, David
- Luisa Segade Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de abril de 2022
- Elisa González Romero Presidente/a
- Esther Rilo Secretaria
- José Luis Trenzado Diepa Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Neste traballo preséntanse o estudo de mesturas de dous líquidos iónicos próticos, nitrato de etilamonio e nitrato de propilamonio, con pequenas cantidades de auga ou sales de nitrato cos catións metálicos de litio, calcio, magnesio e aluminio. Estas mesturas caracterizáronse, tanto física como electroquimicamente, co fin de proporcionar información para o seu uso futuro como posibles electrólitos. Ademais, ampliouse o estudo do líquido iónico aprótico 1-etil-3-metilimidazolio octilsulfato e as súas mesturas ao 20 %p/p de auga, unha sen sulfato de magnesio incorporado e outra saturada. Estas dúas mesturas, publicadas polo grupo de investigación, forman xeles a temperatura ambiente, o que aporta un valor engadido. Os resultados obtidos para os electrólitos propostos mostran tendencias definidas nas diferentes propiedades físicas: densidade, viscosidade, condutividade eléctrica, índice de refracción e tensión superficial. Estas tendencias pódense describir en función da temperatura, do contido da substancia engadida ou as características do catión metálico incorporado. Por outra banda, o estudo electroquímico mediante voltamperometría centrouse nas ventás de potencial electroquímico, onde destacan as mesturas coas sales de nitrato de magnesio e aluminio e a influencia da auga sobre o composto de imidazolio.