Estudio de inundaciones compuestas en estuarios y tramos de ríos costeros: aplicación a ríos del noroeste de España

  1. Sopelana Peralta, Javier
Dirixida por:
  1. Luis Cea Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de abril de 2022

Tribunal:
  1. Jerónimo Puertas Presidente
  2. María Bermúdez Pita Secretario/a
  3. Fernando Javier Méndez Incera Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Civil

Tipo: Tese

Teseo: 714393 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Na presente Tese analízanse diferentes metodoloxías para estudar as inundacións compostas en rías e tramos de ríos costeiros. As inundacións nestas zonas resultan da interacción de diversas dinámicas, con diferentes escalas e algunhas das cales están correlacionadas. Para iso, seleccionáronse de todo o territorio de Galicia Costa tres Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) con datos suficientes e que representan a casuística galega. Aplicáronse tres metodoloxías para a avaliación da inundación composta a partir de datos de caudal de río, marea astronómica e marea meteorolóxica, en forma de series sintéticas simultáneas xeradas previamente. A primeira metodoloxía é a tradicional que consiste en supoñer as dinámicas dependentes e levar a cabo unha simulación hidráulica considerando o mesmo período de retorno en cada dinámica. A segunda metodoloxía é a multivariante, e consiste en facer unha análise extremal conxunto dos eventos compostos para posteriormente simular simular numericamente algúns eventos asociados co mesmo período de retorno, e a terceira metodoloxía é a de simulación en continuo, que consiste en simular hidráulicamente a totalidade das series temporais das dinámicas involucradas e cos resultados do nivel, facer estatísticas e determinar o período de retorno.