An experimental and computational research on the optical properties of ionic liquids
- Luis Miguel Varela Cabo Director
- María Elena López Lago Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 21 February 2022
- Jesús Liñares Beiras Chair
- Pedro Chamorro Posada Secretary
- Christian Schröder Committee member
Type: Thesis
Abstract
Este proxecto céntrase no estudo do efecto que a dopaxe química ou física exerce sobre as propiedades ópticas dun conxunto de líquidos iónicos. A dopaxe física con determinadas sales de metais dos grupos IA e IIA da lugar á formación de microestruturas similares ás observadas en cristais líquidos desordeados e facilmente detectables mediante microscopía de polarización. Mediante aliñamento mecánico ou inducido por campo eléctrico pódense ordear. Estas estruturas ordeadas presentan índices de refracción que dependen da dirección que poden ser caracterizados. A birrefrinxencia e o intervalo de temperatura no que o material se comporta como un cristal líquido iónico depende do metal do sal engadido. A adición de metais de transición tanto en proporción estequiométrica como non estequiométrica, pode dar lugar a líquidos iónicos con altos índices de refracción, termocromáticos, luminiscentes ou cunha resposta non lineal elevada ante campos electromagnéticos intensos.