Educación ambiental y participación pública: análisis de los procesos participativos "bottom-up"como instrumentos de aprendizaje para la transformación social

  1. Lema-Blanco, Isabel
Dirixida por:
  1. Ricardo García Mira Co-director
  2. Jesús Miguel Muñoz Cantero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de xaneiro de 2022

Tribunal:
  1. David Uzzell Presidente/a
  2. Raquel Martínez Buján Secretaria
  3. Maria Luísa Lima Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 701475 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación ten por obxecto analizar o papel que desenvolven as iniciativas de consumo consciente e responsable (ICCR) na promoción de estilos de vida verde. O estudo adopta un enfoque cualitativo para investigar a Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel (Galicia, España). Utilizouse un deseño multimétodo, que combinou técnicas de observación participante, análise documental e 26 entrevistas en profundidade con activistas de oito iniciativas de consumo situadas en sete cidades e vilas galegas. Os resultados do estudo permiten coñecer en profundidade as motivacións destes activistas para participar nestas iniciativas de consumo colectivo, así como os factores que inflúen no sostemento desta motivación ao longo do tempo. En segundo lugar, o estudo explora os factores estruturais, culturais e psicolóxicos que favorecen ou inhiben a adopción de estilos de vida verde. Finalmente, a investigación afonda nos fenómenos de aprendizaxe social que se xeran dentro destas iniciativas e a súa función transformadora. En conclusión, as iniciativas de consumo consciente e responsable son contextos innovadores de educación e participación ambiental que promoven novas formas de consumir, organizarse e relacionarse en comunidade e promoven a adopción de novos comportamentos ambientalmente relevantes.