Developmental Coordination Disorder and Daily Performance in School-aged Childrenan Interrelation of Individual, Environmental and Activity Factors

  1. Delgado-Lobete, Laura
Dirixida por:
  1. Sergio Santos-del-Riego Co-director
  2. Sonia Pértega Díaz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 02 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Dulce María Romero Ayuso Presidente/a
  2. José Antonio Prieto Saborit Secretario/a
  3. Hortensia Gimeno Íñiguez Vogal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Tipo: Tese

Teseo: 692695 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O Trastorno do Desenvolvemento da Coordinación (TDC) é unha condición do neurodesarrollo frecuente en poboación escolar noutros ámbitos xeográficos pero moi descoñecida no contexto español. Ademais, existe pouca información sobre a interrelación de factores sociodemográficos, do procesamento sensorial e das actividades diarias no TDC e no desempeño funcional en poboación escolar con e sen TDC. Os obxectivos desta tese foron: (1) examinar a prevalencia de TDC e os factores sociodemográficos asociados en escolares españois; (2) identificar os patróns de procesamento sensorial presentes no TDC; e (3) estudar o papel dos factores individuais, da contorna e da actividade no desempeño e participación en actividades motoras da vida diaria. Para iso analizáronse dúas mostras de máis de 800 escolares españois. Os achados mostran que a prevalencia de probable TDC en España alcanza o 8%-13%. Atopouse unha complexa influencia entre os factores individuais (idade, sexo, procesamento sensorial), da contorna (factores familiares e xeográficos) e relacionados coa actividade sobre o funcionamento diario, onde o desempeño motor media a relación entre os constrinximentos persoais e da contorna, a aprendizaxe de actividades diarias e a participación.