Corpus of History English Texts (CHET)
- Moskowich, Isabel
- Sánchez Barreiro, Estefanía
- Lareo, Inés
- Lojo Sandino, Paula
Editorial: Facultade de Filoloxía ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-709-1
Ano de publicación: 2019
Tipo: Libro
Resumo
Para empregar o Corpus of History English Texts (CHET) debe descargar o software Coruña Corpus Tool (http://hdl.handle.net/2183/21850). O Corpus of History English Texts (CHET) é a terceira parte do Coruña Corpus of English Scientific Writing (CC). Foi compilado para representar a produción escrita sobre historia en inglés moderno tardío (1700-1900), e pode ser empregado para describir esta tradición desde un punto de vista tanto sincrónico como diacrónico. Como vén sendo característico no Coruña Corpus, cada texto incluído en CHET está acompañado dun arquivo de metadatos que inclúe información sobre o texto e o perfil sociolingüístico do seu autor. Os arquivos de metadatos tamén permiten seleccionar os textos cos que traballar a través da Coruña Corpus Tool (CCT). Para máis información, consulte Moskowich et al. 2019.Writing History in Late Modern English Explorations of the Coruña Corpus. Amsterdam: John Benjamins /DOI: https://doi.org/10.1075/z.225).