Depuración de augas residuais urbanas e da industria vitivinícola a través de zonas húmidas construídas : investigacións levadas a cabo na Universidade da Courña
- M. Sánchez 1
- I. Ruiz 1
- M. Soto 1
- 1 Departamento de Química. Universidade da Coruña
ISSN: 2659-8760
Ano de publicación: 2019
Volume: 1
Número: 1
Páxinas: 21-30
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)
Resumo
Os humidais construídos (HC) son sistemas naturais de depuración, lagoas , canais ou biofiltros pouco profundos (<1 m) con plantas propias de zonas húmidas, con baixo ou nulo consumo enerxético e xeración de residuos (lamas de depuración), e cunha boa integración paisaxística no medio ambiente natural. Requiren dunha superficie de tratamento entre 1 a 5 m2 por habitante equivalnete cun deseño e dimensionado coidadoso, mentres a súa construcción pode ser acometida por calquera pequena empresa e con materiais dispoñibeis a nivel local. Aplícanse ao tratamento de augas residuais domésticas, urbanas e industriais, lixiviados de vertedoiros, augas de drenaxe de actividades extractivas, augas de escoamento superficial agrícola e urbano, ou mesmo para lamas de depuradora. O Grupo de Enxeñaría Química Ambiental da Universidade da Coruña comezou no 2002 a investigar os HC como sistemas de depuración con estudos tanto en laboratorio como en planta piloto e a escala real. A eliminación de nitróxeno require a existencia simultánea de ambientes aerobios e anaerobios que ofrecen tanto os sistemas híbridos, consistentes na combinación de humedais de diferente tipo, como a combianción de HC con dixestores anaerobios. O grupo estudou a eficacia dos HC na depuración secundaria e terciaria, a eliminación de metais pesados, contaminación fecal e contaminantes emerxentes