Jasione L. (Campanulaceae). Biogeographic history, evolutionary relationships, species delimitation, and nomenclatural revision
- Serrano Pérez, Luis Miguel
- Santiago Ortiz Núñez Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 10 de noviembre de 2021
- María Inmaculada Romero Buján Presidente/a
- Celestino Quintela Sabarís Secretario/a
- Jaime Fagúndez Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O proxecto ten como obxectivo desvelar as relacións evolutivas dentro dun grupo de plantas vasculares da bacía mediterránea, o xénero Jasione (Campanulaceae). Inclue aproximacións moleculares, cariolóxicas e morfolóxicas desde as que se pretende responder a preguntas relativas ás: 1- afinidades filoxenéticas, tanto intraxenéricas como no contexto da familia. 2- historia evolutiva do xénero, o que ten que ser abordado desde unha visión bioxeográfica e de datación de liñaxes. 3- ecoloxía evolutiva, analisada desde unha perspectiva adaptativa e filoxeográfica. 4: aspectos taxonómicos, onde se avalian as nomenclaturas precedentes e se propoñen actualizacións, recombinacións e novas especies. Os traballos nos que se sustenta teñen unha importante compoñente de laboratorio, que inclue, entre outros labores, extracción de ADN e amplificación de marcadores moleculares, reconto de cromosomas e estudo de tamaños de xenoma mediante citometría de fluxo. Tamén son estudados o pólen, tamaños estomáticos e outros microcaracteres mediante diversas técnicas de microscopia electrónica e confocal.