A situación do sector das renovables en Galicia tras a reforma eléctrica

  1. JOSÉ ANTONIO BLANCO MOA 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
REGAP: Revista galega de administración pública

ISSN: 1132-8371

Ano de publicación: 2018

Volume: 1

Número: 56

Páxinas: 71-92

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: REGAP: Revista galega de administración pública

Resumo

Recentemente, a nivel estatal levouse a cabo unha fonda reforma lexislativa do sector eléctrico que reduciu de xeito considerable o apoio ao sector das enerxías renovables, un sector que ten unha grande importancia en Galicia. Por mor diso, os produtores de enerxías renovables realizaron reclamacións contra o Estado español polos danos causados por este cambio lexislativo.As reclamacións efectuáronse ante tribunais nacionais e internacionais. Os primeiros están a rexeitar estas reclama-cións baseándose no concepto de risco regulatorio. Mentres, en canto aos segundos, o CIADI resolveu recentemente a primeira controversia ao respecto, decidindo a favor dos investidores.A redución da remuneración e o tratamento xurídico que se lle deu implicaron a paralización do sector das renovables en Galicia. Malia iso, recentemente, a través das poxas eléctricas, pouco a pouco estase volvendo a reactivar este, como se exporá neste artigo.