Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975)

  1. Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Dirigida por:
  1. Jordi Casassas Ymbert Director/a

Universidad de defensa: Universitat de Barcelona

Fecha de defensa: 24 de octubre de 2014

Tribunal:
  1. Justo G. Beramendi Presidente/a
  2. Carles Santacana Torres Secretario/a
  3. Sebastià Serra Busquets Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 375846 DIALNET

Resumen

O obxectivo da presente Tese de Doutoramento é debullar o desenvolvemento das distintas etapas do nacionalismo galego entre o golpe militar reaccionario de xullo do 1936, e a súa antesala republicana, até a creación dunha nova plataforma política patriótica galega no propio país: a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG). Un período de catro décadas no que distinguimos tres tempos no referido ao tecido patriótico na Galiza e alén mar: un primeiro de desarticulación, un outro de resistencia e un final de rearticulación político-organizativa. Este último desenvolverase na última década, a partir do 1963 co efímero Consello da Mocidade, cristalizando o cambio de ciclo na AN-PG, nacida clandestinamente no ano 1975, inmediatamente antes da morte do dictador Francisco Franco Baamonde (1892-1975). Nesta liña, pretendemos dar luz á resposta que o nacionalismo galego desenvolvería diante da queda republicana; afondando, aliás, no longo exilio que se abriría tras a vitoria fascista. Albíscanse, neste senso, os programas e proxectos que substentaron o axir galeguista alén e aquén mar, seguindo para aquela realidade a figura central e común denominador representado por Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), así como para este a reconstrución do movemento nacionalista na clandestinidade franquista, con Ramón Piñeiro (1915-1990) como activo destacado, dunha banda, e a creación da Unión do Povo Galego (UPG), doutra, como maior referencia dos novos tempos a partir do ano 1964.