Imagen, percepción y actitudes hacia las ciencias en la educación secundariauna perspectiva de género
- Ana Sánchez-Bello Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 22 de xullo de 2021
- Jurjo Torres Santomé Presidente
- Rosa María Vázquez Recio Secretario/a
- João M. Paraskeva Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Este estudo trata de determinar as preferencias, valores e experiencias que conforman a base da elección de estudios debido a crecente desafección cara as materias científico-técnicas e o descenso das vocacións científicas agravada no caso feminino. Neste estudio analizáronse os procesos docentes das materias de programación de 1º da ESO e tecnoloxía de 4º da ESO de dous centros de Galicia, para determinar a súa influencia na percepción, imaxe e actitudes cara a ciencia e tecnoloxía e a ciencia escolar. Para coñecer a perspectiva dos/das estudantes optouse polo desenvolvemento dun estudio multicaso instrumental constituído por dous casos para alcanzar unha comprensión máis profunda sobre as actitudes, bagaxe e preferencias dos/das estudantes cara as materias científico-tecnolóxicas. Ademais de permitirnos captar cal é a imaxe e representación que ten o alumnado sobre o traballo científico e os valores e experiencias nos que os/as estudantes fundamentan as súas eleccións, empregando sempre unha perspectiva de xénero. Tras analizar os diversos factores que repercuten no declive actitudinal cara a CeT, así como a menor presencia das mulleres nestes eidos de estudio. Chegamos a conclusión da necesidade de abordar fenómenos multifactoriais interrelacionados cuxas causas se atopan dentro e fora dos muros das institucións educativas.