Estudio del perfil clínico y neuropsicológico del síndrome de fragilidad

  1. Blanco Fandiño, Julia
Dirigida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Codirector
  2. Laura Lorenzo López Codirectora

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de julio de 2021

Tribunal:
  1. Manuel Gandoy Crego Presidente/a
  2. Isabel González-Abraldes Iglesias Secretaria
  3. Óscar Ribeiro Vocal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas

Tipo: Tesis

Teseo: 657473 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A relación entre a fraxilidade física e a deterioración cognitiva en persoas maiores foi pouco explorada, a pesar de ser dúas das síndromes xeriátricas que teñen peores repercusións na saúde, e de que a probabilidade de que coexistan aumenta coa idade. Para afondar neste aspecto, a presente tese inclúe dous estudos: no primeiro explórase o perfil neuropsicolóxico da etapa preclínica da fraxilidade en persoas maiores que viven na comunidade, e no segundo investíganse as diferenzas de rendemento e a interferencia cognitivo-motora en tarefas duais e triplas en persoas maiores prefráxiles e fráxiles institucionalizadas. Os nosos resultados asociaron a prefraxilidade coa presenza dun peor desempeño neuropsicolóxico que afecta principalmente ao dominio de memoria, e relacionan compoñentes específicos da fraxilidade, como a velocidade da marcha e a forza de agarre, co rendemento cognitivo. Por outra banda, observáronse diferenzas entre as persoas prefráxiles e fráxiles no desempeño en tarefas triplas, cunha alta demanda de atención. Isto pode ter implicacións clínicas para a identificación precoz e a prevención da fraxilidade. Ambos estudos permitíronnos afondar no concepto de fraxilidade cognitiva.