Análise de metodoloxías innovadoras para o ensino-aprendizaxe das matemáticas na Educación Infantil por medio da investigación-acción na aulaimplicacións didácticas
- Gonzalez Díaz, Iria María
- Dorinda Mato Vázquez Directora
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 17 de junio de 2021
- Jesús Miguel Muñoz Cantero Presidente
- Pablo González Sequeiros Secretario/a
- Ana Caballero Carrasco Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A matemática precisa unha transformación na maneira de entender o proceso de ensino-aprendizaxe nas escolas mediante o desenvolvemento de tarefas ou proxectos de investigación que lle permita ao alumnado construír o coñecemento “facendo” matemáticas. Un cambio metodolóxico afastado de formulacións mecanicistas, descontextualizadas e rutinarias baseadas nun esquema de traballo tradicional. O obxectivo desta tese é analizar se certas metodoloxías inflúen na aprendizaxe das matemáticas ou no interese e motivación que o alumnado ten cara elas, dentro da liña de investigación de innovación educativa do programa oficial de Doutorado en EQUIDADE E INNOVACIÓN EN EDUCACIÓN. O estudo realízao a propia mestra de Educación Infantil mediante catro ciclos de investigación-acción organizados en torno a unha programación didáctica na que se traballan as relacións numéricas, a lóxica, as propiedades dos obxectos e a medida, comparando a aprendizaxe tradicional con outras metodoloxías (ABN, resolución de problemas, aprendizaxe cooperativa e EntusiasMat). Tamén se fai unha valoración do proceso de aprendizaxe de acordo co enfoque de idoneidade didáctica, o que permite recoñecer as dificultades e subsanalas nos ciclos de investigación-acción posteriores. As conclusións reflicten que o ABN, a resolución de problemas e a aprendizaxe cooperativa teñen mellores resultados ca aprendizaxe tradicional e co método EntusiasMat