Language Interference in the English Used in Ireland

  1. Lojo Sandino, Paula
Dirixida por:
  1. Begoña Crespo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de maio de 2021

Tribunal:
  1. Francisco Alonso Almeida Presidente/a
  2. Isabel Moskowich Secretaria
  3. María José Esteve Ramos Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 662362 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A interferencia entre dúas linguas é bastante frecuente en situacións de contacto lingüístico. Irlanda é un territorio no que diferentes substratos lingüísticos existiron e se influíron mutuamente ao longo de toda a súa historia. Na época do inglés moderno tardío, igual que hoxe en día, falábanse dúas linguas na illa, irlandés e inglés. Esta circunstancia provocou unha interferencia lingüística no uso do inglés falado e escrito en Irlanda. A voz pasiva será a estrutura gramatical usada neste estudo para detectar calquera posible interferencia entre o irlandés e o inglés. Polo tanto, esta circunstancia será analizada usando un corpus de textos escritos por autores de cada territorio durante os séculos XVIII e XIX, o que, presumiblemente, nos dará unha ampla visión do fenómeno lingüístico a analizar. Entre os aspectos a considerar encóntranse o tipo de verbos usados con maior frecuencia na voz pasiva, a presenza de verbos auxiliares ou modais, ou o uso do axente pasivo expresado a través “by-phrase”. Todas estas características gramaticais exploraranse tendo en conta as variables de disciplina e orixe xeográfica dos escritores para chegar a unha conclusión precisa sobre a interferencia lingüística.