Habilidades lectoras como función de la heterogeneidad lingüística en Estados Unidos
- González Otero, Sofía
- Pilar Couto Cantero Co-director
- Guillermo Solano-Flores Co-director
Defence university: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 29 April 2021
- Maria Araceli Ruiz Primo Chair
- Alfredo Rodríguez López-Vázquez Secretary
- María Elena Gómez Parra Committee member
Type: Thesis
Abstract
No momento no que vivimos, a diversidade cultural e lingüística é considerada un fenómeno universal e persistente. A marcada heteroxeneidade poboacional, causada polos movementos migratorios, resultou en que cada vez máis países enfróntense ao importante desafío de proporcionar unha educación bilingüe. Neste contexto de diversidade é necesario que se establezan compromisos para o fortalecemento da educación de calidade, entendendo o bilingüismo en termos dun proceso continuo. Durante os últimos anos, realizáronse múltiples avances nas investigacións sobre cómo ensinar a nenas e nenos unha lingua estranxeira. Porén, os enfoques existentes para o tratamento da diversidade están limitados porque carecen dun apoio adecuado das teorías actuais da lingua e da cultura. A información sobre a competencia lingüística dos estudantes que aprenden unha segunda lingua normalmente é fragmentada e imprecisa e os instrumentos de avaliación usados para clasificar aos estudantes varían entre diferentes rexións. Por todo iso, neste estudo de investigación preténdese esclarecer e avanzar en novas alternativas para alcanzar un tratamento equitativo da diversidade lingüística. A investigación proposta centrarase en analizar a variación na habilidade lectora que existe entre diferentes grupos lingüísticos. Para iso, avalíase a comprensión lectora en estudantes de primaria que asisten ao programa de inmersión en español. Neste estudo avalíase a habilidade lectora en diferentes tipos de preguntas inferenciais. Os estudantes tiveron que resolver unhas preguntas relacionadas de diferentes textos narrativos. A investigación desenvolverase dacordo a un deseño de investigación cuantitativa. O uso da teoría da Xeneralización (teoría G), permitiu determinar o grado con que a variación dos puntaxes debeuse ao estudante (obxecto de estudo) e a distintas fontes de erro (e.g., calificador, tarea).