Buscando a igualdade nas relacións sociais na aula de Educación Infantil
ISSN: 1132-8932
Year of publication: 1998
Issue Title: A educación infantil
Issue: 31
Pages: 10-16
Type: Article
More publications in: Revista galega de educación
Abstract
Os nenos e nenas pequenos reproducen nos seus comportamentos as accións das persoas adultas en relación ó manexo do poder, de xeito que desde moi axiña comezan a construír xerarquías e relacións de dominación e submisión nos escenarios sociaís onde viven. Sen embargo, igualmente son capaces de resistir e defenderse deste tipo de relacións, poñendo en práctica as máis variadas estratexias. A democratización dos espacios escolares constitúe un camiño para loitar contra estas relacións de dominación e para isto é necesario que os profesores e profesoras de Educación Infantil comecen por discutir e analizar no seo dos equipos educativos as propias estratexias de poder que poñen en marcha nas relacións cos nenos e nenas; cos seus compañeiros e compañeiras; e cos país, nais e titores e titoras e outros membros da comunidade escolar.