Políticas públicas para evitar a exclusión social en España

  1. Laura Varela-Candamio
  2. Judit González Mármol
Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Año de publicación: 2016

Número: 7

Páginas: 223-257

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumen

Entre os obxectivos marcados pola Estratexia Europa 2020, un dos máis importantes é reducir en cando menos vinte millóns o grupo de persoas en situación de pobreza ou exclusión social. Ao respecto, en España articuláronse unha recomendación específica no Programa nacional de reformas e varios plans nacionais de acción para a inclusión social que perseguen a devandita finalidade a través da inclusión sociolaboral, o establecemento dun sistema de prestacións e a provisión de servizos básicos fundamentais. Neste traballo presentamos unha análise descritiva da pobreza e a exclusión social en España. Así, identificamos os novos grupos sociais vulnerables e os distintos ámbitos en que se ven afectados por medio da taxa AROPE, que permite estudar o colectivo de persoas excluídas por idade, sexo e ocupación. Por último, estúdanse os efectos das políticas sociais sobre a exclusión e a desigualdade social, alén de se explicar brevemente en que consiste a extrafiscalidade e cales son os factores excluíntes dos grandes impostos.