Desigualdade, pobreza e perda de poder adquisitivo das rendas salariais en España como consecuencia da crise económica
ISSN: 2173-9811
Year of publication: 2016
Issue: 7
Pages: 153-169
Type: Article
More publications in: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo
Abstract
O obxectivo deste traballo é ver como as políticas de axuste que se puxeron en marcha por causa da crise económica trouxeron consigo unha forte diminución das rendas salariais en relación co produto interior bruto, así como un incremento do risco de pobreza e/ou exclusión social en España. Xa que logo, analízanse a desigualdade, a pobreza e a perda de poder adquisitivo das rendas salariais en España nos anos posteriores ao inicio da crise. A superioridade das rendas salariais sobre as empresariais en relación co produto interior bruto de finais do pasado século desapareceu até se igualaren ambos os tipos de rendas. Como efecto da evolución destas variables macroeconómicas, o risco de pobreza e/ou exclusión social aumentou, e os máis castigados foron os menores de 16 anos e os desempregados. Cómpre salientarmos que o índice de pobreza e/ou exclusión social en España está situado entre os máis altos da Zona Euro, cun crecemento entre 2008 e 2014 tres veces maior á media da rexión.