Redes sociais, aplicacións móbiles e proba no proceso laboral

  1. Luis Fernando de Castro Mejuto
Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2016

Número: 7

Páxinas: 15-28

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

Un dos medios de proba máis importantes no proceso laboral é a proba documental que pode achegarse o día do xuízo; porén, cada vez máis a miúdo, debido á xeneralización do uso das redes sociais, resulta que tal proba non a contén un documento ao uso clásico, senón un teléfono intelixente (smartphone), en que se reflicte un escrito, por exemplo, comunicado a través dalgunha aplicación de mensaxaría instantánea, en particular, WhatsApp. O que se formula neste artigo é a virtualidade que pode chegar a ter o expresado a través da devandita aplicación, como pode acceder ao proceso laboral e en que medida determina unha resolución favorable aos intereses de quen achega unha proba deste tipo.