A migración laboral actualexpatriación empresarial ou fuga de cerebros?
- Marcos Rouco-couzo
- Isabel Novo-Corti
ISSN: 2173-9811
Año de publicación: 2016
Número: 7
Páginas: 171-201
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo
Resumen
Este traballo analiza o proceso de internacionalización empresarial e os seus efectos sobre a organización e xestión dos recursos humanos, en particular no tocante á migración de tipo laboral, cuxo obxectivo básico é a busca de emprego. Así, desde unha perspectiva individual, analízanse tamén as tendencias da emigración dos mozos españois durante a etapa de crise actual, especialmente entre o grupo con maior nivel de formación, o que se dá en coñecer como «fuga de cerebros». Trátase dun fenómeno recente que, aínda que acadou gran notoriedade social, non foi suficientemente explorado para o caso español. De por parte, preséntanse como caso de estudo nove proxectos migratorios de mozos emigrantes galegos no exterior, que inclúen tanto as súas estratexias de integración sociolaboral como percepcións, opinións e apreciacións persoais sobre a súa situación actual. A metodoloxía de traballo segue unha liña estruturada que inclúe técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa que se basean, por un lado, na explotación de fontes secundarias oficiais; e, polo outro, na realización de enquisas en profundidade semiestruturadas. Os resultados revelan a incuestionable tendencia á alza da emigración xuvenil española durante a actual etapa de crise para todos os destinos considerados. Porén, o efecto de «retorno ás raíces» parece ser aínda máis poderoso, sobre todo se mellora a situación do mercado laboral español. Con todo, dado que é un fenómeno recente, que non mostra desgaste nin moderación, haberá que agardar para coñecer a súa tendencia no futuro.