O Convenio sobre o traballo marítimo 2006 (MLC 2006) da Organización Internacional do Traballo. Regra 4.3. Caso español

  1. Julio Louro Rodríguez
  2. Rosa-Mary de la Campa Portela
Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2016

Número: 7

Páxinas: 81-104

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

O 23 de febreiro de 2006 adoptábase en Xenebra o Convenio sobre o traballo marítimo 2006 (MLC 2006) da Organización Internacional do Traballo (OIT), que entrou en vigor o 20 de agosto de 2013. España ratificou o devandito convenio o 4 de febreiro de 2010, o que o converte no primeiro país da Unión Europea en facelo. O MLC 2006 supón o establecemento nun único instrumento xurídico do dereito a gozar dunhas condicións mínimas de traballo e de vida para todos os traballadores do ámbito marítimo. Ademais, constitúe un paso esencial para lles garantir unhas condicións de competencia leal aos armadores de calidade que enarboran os pavillóns dos países que o ratificaron. Con todo, o devandito convenio ten as súas limitacións, debido, principalmente, ao obxectivo de que a súa ratificación sexa o máis numerosa posible. Neste artigo analízase en concreto a regra 4.3 do MLC 2006, sobre protección da seguridade e a saúde e a prevención de accidentes e enfermidades, cuxo control, en España, está a cargo da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Reflexiónase sobre aqueles aspectos que poderían supor unha falta do cumprimento das condicións mínimas marcadas polo MLC 2006: baleiros legais (lugares de traballo e pantallas de visualización de datos) e a súa posible repercusión sobre a sinistralidade laboral; normativa insuficiente para garantir unhas condicións de vida e de traballo a bordo decentes (ruído e vibracións); e incumprimentos da normativa da OIT que xa veñen de lonxe (C134, 1970). Doutra banda, proponse a creación dun grupo permanente para lles dar cumprimento aos numerosos compromisos que a ratificación deste convenio supón para a Administración española