A politización da Administración PúblicaO concepto e a súa aplicación no caso da Administración Xeral do Estado
- 1 Universidade de A Coruña
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Ano de publicación: 2009
Volume: 4
Número: 1
Páxinas: 63-82
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Resumo
O principal obxectivo deste artigo consiste en analizar o concepto de politización das administracións públicas e poñer de manifesto as dificultades de aplicalo en contextos político-administrativos concretos. Para iso pártese do mito da separación entre Administración e política, orixe moderna do concepto de politización, e repásanse as reflexións máis recentes sobre este, achegando a seguir a nosa propia visión de cal debería ser o contido actual do devandito concepto. De acordo con este contido, e co fin de expoñer as dificultades para «medir» a politización de administracións públicas específicas, o traballo remata cunha análise exploratoria dalgúns dos que demos en chamar postos dispoñibles da Administración Xeral do Estado en España, tal e como quedaron configurados os devanditos postos logo das eleccións de marzo do 2004.