A ensinanza da nutrición humana na Educación Primaria desde unha perspectiva mediambiental

  1. Rivadulla López, Juan
  2. García Barros, Susana
  3. Martínez Losada, Cristina
Revista:
AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

ISSN: 1887-2417

Ano de publicación: 2013

Título do exemplar: Da teoría á práctica na educación ambiental

Número: 15-16

Páxinas: 19-29

Tipo: Artigo

DOI: 10.17979/AMS.2013.1.15-16.777 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openAcceso aberto editor

Outras publicacións en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

Resumo

Neste traballo analízanse os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación do currículum de Educación Primaria de Galicia referidos á nutrición humana en xeral e á súa relación co medio ambiente en particular. O resultado desta análise mostra que existe unha idea restrinxida nalgúns dos contidos que deben ser ensinados sobre a nutrición humana, xa que se centran mais que todo na alimentación e a saúde, mentres que fan escasas referencias á idea global de nutrición e á súa relación co medioambiente. Partindo da análise do currículum, desenvolvéronse unha serie de ideas chave relacionadas co tópico para ensinar en Educación Primaria e que se aglutinan ao redor de catro ámbitos de estudo: a) o concepto de nutrición e a súa finalidade; b) os órganos e sistemas que interveñen na mesma; c) a alimentación e a súa importancia para a saúde e d) a repercusión do proceso nutritivo no medio.