A linguaxe do cancrounha análise comparativa entre diferentes significados asociados coa doenza
- Jorge García Fernández
- Montserrat Durán Bouza
ISSN: 1889-1187
Año de publicación: 2009
Título del ejemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro
Número: 3
Páginas: 713-719
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Psicoloxía clínica: anuario
Resumen
A pesar dos importantes avances, para moitos individuos o termo cancro, inclúe entre os seus significados, de maneira ineludíbel, o deterioro físico, sufrimento e a morte. As emocións negativas experimentadas en contacto con este concepto, virían determinadas tanto pola cantidade coma pola calidade da información transmitida culturalmente (xeralmente a través da linguaxe) e a través da propia experiencia persoal coa doenza. Neste traballo realizamos unha análise da frecuencia con que diferentes termos de connotacións bélicas (loita, batalla, combater, etc.) acompañan ao termo cancro e a outros problemas de saúde. Tomando como mostra a totalidade das páxinas web en español e empregando como ferramenta o buscador Google efectuouse a procura, reconto e representación gráfica dos datos obtidos. As diferenzas encontradas entre a linguaxe empregada para referirse ás diferentes doenzas ofrece información de interese sobre o xeito en que se xeran as emocións negativas asociadas ao cancro así como posíbeis liñas alternativas de intervención psicolóxica.