Desfibriladormáis doado que un teléfono móbil! O uso do desfibrilador sen restricións axuda a salvar vidas
- José Palacios Aguilar 1
- Sara Agulló Díaz 1
- Fernando Agulló Leal 1
-
1
Universidade da Coruña
info
ISSN: 2173-9811
Ano de publicación: 2015
Número: 6
Páxinas: 245-267
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo
Resumo
As sociedades científicas fan especial fincapé na necesidade de reducir os tempos na aplicación da reanimación cardiopulmonar (RCP) e a desfibrilación ante as paradas cardiorrespiratorias. Por este motivo, insisten en que non é preciso esperar a chegada de persoal sanitario para iniciar a primeira intervención, tanto no caso da RCP como no da desfibrilación, que son os dous elos chave da cadea de supervivencia para evitar a morte das persoas afectadas polo paro cardíaco. Neste traballo preséntanse casos reais que xustifican o posible uso do desfibrilador sen restricións. Para alén, propóñense localizacións para este instrumento, explícase o seu manexo nuns pasos fáciles e amósase a RCP básica con utilización do desfibrilador. Como conclusión recálcase a importancia de divulgar algo de grande utilidade para todos: a necesidade de ter desfibriladores á man e o interese de empregalos sen temor de ningún tipo.