Ruído a bordotraballadores protexidos?

  1. Julio Louro Rodríguez 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2015

Número: 6

Páxinas: 147-169

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

Unha das moitas particularidades do traballo no mar, en concreto nos buques mercantes, é que os traballadores deben permanecer no centro de traballo, o buque, unha vez finalizada a xornada laboral. Non cabe dúbida da responsabilidade dos empresarios no tocante aos danos para a súa saúde que calquera traballador/a poida sufrir no seu traballo e durante a súa xornada laboral, mais até aí chega a súa responsabilidade, como sucede no resto de actividades laborais. Con todo, no mar, o buque non é só o lugar de traballo, tamén é a vivenda dos mariños, e podemos afirmar que as condicións de vida destes non son máis que unha continuación das súas condicións de traballo; ora ben, como debe considerarse un dano na saúde dos mariños nese intervalo de tempo non laboral que permanecen no centro de traballo, o buque? A xurisprudencia, por medio de numerosas sentenzas, estableceu o nexo causal entre o traballo dos mariños e o dano que poidan sufrir a bordo fóra da súa xornada laboral. Neste estudo tomouse o ruído como fío condutor da relación entre a responsabilidade dos empresarios e os danos que poden sufrir os traballadores non só na súa xornada laboral, senón tamén fóra dela. Mais que normativas sobre ruído se deben aplicar a ese período non laboral? Tecnicamente falando, trataríase de ruído laboral durante as oito horas da xeira e de ruído ambiental o resto da xornada, polo que entraría en escena non só a corresponsabilidade das autoridades (marítimas?, laborais?, de saúde pública?), senón tamén a normativa ambiental. Pola súa vez, o ámbito mundial do transporte marítimo trae consigo a aplicación de normativa internacional. No entanto, a pesar das variadas responsabilidades e das variadas normativas de aplicación, preguntámonos: fronte ao ruído a bordo, están os mariños protexidos?