Participación feminina no mercado de traballo desde un enfoque interxeracional

  1. Isabel Novo-Corti 1
  2. María Barreiro-Gen 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Revista:
Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

ISSN: 2173-9811

Ano de publicación: 2015

Número: 6

Páxinas: 227-243

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario da Facultade de Ciencias do Traballo

Resumo

As mulleres foron incorporándose de maneira notable á denominada esfera pública desde finais do século XX en España, mais non sucedeu o mesmo no tocante aos homes e o ámbito privado. No entanto, dentro da poboación masculina podemos salientar o colectivo dos avós, polo rápido proceso de cambio que está a experimentar ao se incorporar ao sistema de coidados, en concreto, de nenos e nenas. Denominamos este proceso a «revolución dos avós». Aínda que son as avoas as que desenvolven en maior medida as tarefas mencionadas, os avós están a mudar o seu rol de xénero. No artigo analízase a bibliografía máis relevante neste ámbito, para estudar despois as causas e consecuencias máis importantes do devandito proceso de cambio, así como os principais perigos que se poden derivar del.