A economía galega ante os desafíos da globalización
ISSN: 1579-6582
Ano de publicación: 2016
Título do exemplar: 1er. Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, Pontevedra 2016
Número: 33
Páxinas: 45-64
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Tempo exterior
Resumo
O ex-presidente da Xunta de Galicia (1987-1990) fai un repaso teórico de valores como a competitividade, a produtividade e a atractividade, así como a súa influencia no desenvolvemento económico dun territorio con características específicas como é o caso de Galicia. Neste sentido, salienta as singularidades dunha economía determinada por cambios na ecuación demográfica urbana e rural; poboación decrecente; economía pouco competitiva e voluble entre ciclos recesivos e outros máis estables; dificultades para a xeración de emprego; predominio do sector terciario; actividades económicas moi vinculadas ao uso e aproveitamento dos recursos naturais; notable apertura exterior, aínda que moi polarizada xeograficamente; e escasa receptividade de investimentos estranxeiros e dotación orzamentaria en I+D+i. Reflexiona ademais sobre a necesidade de afrontar unha estratexia integral de “marca-país” mais contundente e con maior posicionamento internacional.