Congreso Dereito ambiental para unha economía verde
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Ano de publicación: 2015
Volume: 10
Número: 2
Páxinas: 139-142
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Resumo
O congreso centrouse na análise das técnicas de protección ambiental como instrumentos para a realización dunha economía verde. Fíxose unha análise crítica e propositiva sobre o réxime xurídico tanto das técnicas de intervención administrativa como dos instrumentos de mercado destinados a orientar e impulsar os axentes económicos cara a un comportamento socialmente responsable. A finalidade do congreso foi presentar os estudos realizados pola Rede ECOVER durante o ano 2015 e contrastar e discutir as súas conclusións e propostas cos asistentes e relatores participantes a través de mesas paralelas.