Análise do "teito de cristal" na Administración pública española.Unha aproximación desde a dinámica de sistemas

  1. Calvo, Nuria
Revista:
Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

ISSN: 1887-0279 1887-0287

Ano de publicación: 2010

Volume: 5

Número: 1

Páxinas: 91-104

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública

Resumo

A análise que presentamos neste traballo sobre a situación da muller directiva na Administración pública española constitúe unha alternativa ao enfoque tradicional, que identifica unicamente factores externos como detonantes do denominado “teito de cristal”1 para as directivas. Considerando que as causas da desigualdade directiva poden ter o seu xerme na propia organización, utilizouse a metodoloxía de simulación dinámica (business dynamics) como ferramenta para deseñar unha serie de diagramas causais que permitan identificar que políticas internas están facilitando ou dificultando o acceso das mulleres ao nivel executivo da Administración.