Educación ambiental e novos movementos sociaisaportacións para o cambio educativo
ISSN: 1887-2417
Ano de publicación: 2010
Título do exemplar: Traballo en rede desde a educación ambiental
Número: 9-10
Páxinas: 53-79
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental
Resumo
O artigo explora o vínculo entre educación ambiental e cambio educativo desde a perspectiva da comunidade discursiva da política cultural. Esta liña discursiva constrúese a partir de accións promovidas polos novos movementos sociais, como o movemento ecoloxista e o movemento de movementos: o antiglobalización. A aparición destes supón un cambio cultural que se define como a volta do individuo á política ou á configuración da "política da vida", porque as súas iniciativas supoñen a transformación do suxeito e as súas relacións socioculturais cara á politización da vida cotiá e do espazo privado. Esta viraxe pode ser vista como unha oportunidade para construír novas formas de facer política desde a non-política. Desde esta perspectiva se presentan unha serie de experiencias que ensaian novos espazos de emancipación no terreo ambiental e cultural máis xeral, nos que as intervencións desde a educación ambiental poden ofrecernos leccións a aplicar para o cambio educativo. A educación ambiental ten o reto de contribuír ao cambio educativo transformando os estilos de vida, pero que, do mesmo xeito que os movementos, debe vincular a revolución persoal co cambio das condicións políticas, sociais, culturais e económicas.