Paradigmas enfrontadosas políticas de intragración da poboación inmigrante nos municipios galegos

  1. Fernández-Suárez, Belén
Revista:
Revista galega de ciencias sociais

ISSN: 1695-6427

Año de publicación: 2008

Número: 7

Páginas: 7-27

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: Revista galega de ciencias sociais

Resumen

O presente artigo ten como obxectivo a realización dunha tipoloxía das políticas locais de acomodación dirixidas á poboación estranxeira en Galicia. A política local de integración caracterízase pola súa pluralidade nas respostas e por ese motivo optamos por aplicar a tipoloxía elaborada polo académico Michael Alexander para clasificalas en cinco grandes modelos de integración: o modelo transitorio (a inmigración é percibida como un fenómeno pasaxeiro e a resposta política e case inexistente), o modelo de traballadores convidados (o estranxeiro concíbese só como traballador e a resposta política oriéntase ao ámbito de cubrir necesidades básicas), o modelo asimilacionista ((a inmigración é vista como un fenómeno permanente, máis pénsase que a alteridade desaparecerá co tempo e as políticas son de carácter xeneralista), o modelo pluralista (a estranxeiría é un fenómeno permanente ao igual que a súa alteridade e as políticas son específicas para este colectivo e procuran fomentar a diferenza), e, finalmente, o modelo intercultural (a inmigración é un fenómeno permanente e as políticas de integración deben entenderse como procesos bidireccionais entre a sociedade de acollida e a poboación estranxeira en que ambas as partes deben dialogar e, por tanto, ceder nas súas posicións orixinais.