A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático no Centro de Referencia de Galicia, CEIDA

  1. Campos, Verónica
  2. Serantes-Pazos, Araceli
  3. Vales, Carlos
Revista:
AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

ISSN: 1887-2417

Año de publicación: 2009

Título del ejemplar: Estratexias de comunicación e educación ambiental frente ao cambio climático

Número: 7

Páginas: 159-175

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

Resumen

O cambio climático é o principal problema socioambiental que enfronta a nosa civilización, pola súa magnitude, velocidade e efectos, atopámonos cun dos principais retos como sociedade ao tratarse dun problema de orixe antrópico. A Educación Ambiental ten ante si o enorme desafío de contribuir na búsqueda de solucións, para o que é necesario facer unha revisión das prioridades de acción, dos programas que se executan e dos ámbitos de actuación en novos escenarios. Nesta liña, o CEIDA, como centro galego de referencia, está a activar medidas educativas e divulgativas en varios planos: as que teñen que ver coa capacitación, encamiñadas ao coñecemento do cambio climático, as súas causas e as súas consecuencias, tanto a escala global, como a nivel local; as que teñen que ver coa sensibilización e concienciación, buscando dotar aos colectivos e aos individuos dos recursos necesarios para adoptar actitudes máis responsábeis centradas no aforro e eficiencia enerxética na nova vida cotiá; e por último, as que teñen que ver coa acción, proporcionando espacios para a participación e o compromiso, individual e colectivo.