Unha enerxía ilimitada sería o fin da especie humanaentrevista a Emilio Fernández, Director Xeral de Desenvolvemento Sustentábel
- Soto, Manuel
- Rodríguez, Belén
ISSN: 1136-2677
Año de publicación: 2008
Número: 57
Páginas: 20-23
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente
Resumen
Hai case tres anos falabamos con Emilio Fernández para Cerna. Aínda só pasaron 9 meses da súa entrada no goberno e daba conta de numerosas actuacións e proxectos: Avaliación Ambiental Estratéxica, Núcleos de Sustentabilidade, acceso á información ambiental, revisión da Estratexia Galega de Educación Ambiental, creación dunha Axencia Galega de Desenvolvemento Sustentábel, o Plano de Acción do Cambio Climático, ou a aplicación da Directiva de Augas. Cando está para rematar a lexislatura, recorremos de novo a el para analizarmos estes anos de cambio de goberno. Segundo declaraba naquel entón, "o desenvolvemento sustentábel é un asunto de todo o goberno". Por iso a D.X. de Sustentabilidade, a través do Comité de Desenvolvemento Sustentábel Interdepartamental, ten importantes tarefas de transversalidade coas diferentes políticas sectoriais. Estamos pois diante da persoa que nos pode dar unha boa perspectiva das actuacións en materia de medio ambiente de todo o goberno.