Chaves para a conservación de morcegos en Méxicoa educación ambiental como instrumento necesario na investigación e na xestión

  1. Navarro Noriega, Laura
  2. Serantes-Pazos, Araceli
Revista:
AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

ISSN: 1887-2417

Ano de publicación: 2007

Título do exemplar: Instrumentos sociais e conservación de especies

Número: 4

Páxinas: 137-151

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental

Resumo

Existen especies de morcegos que aparecen nas listas de especies ameazadas ou extintas; non sempre os protocolos para determinar o estatus son operativos. A investigación e establecemento de indicadores, así como a xestión das especies son instrumentos chave para a conservación das mesmas. Mais a investigación e a xestión precisan da educación e da comunicación ambiental para facer reais os Plans de conservación, por ser o instrumento idóneo para traballar coa poboación, imprescindible aliado.