Enunciación e estilo na obra de Manuel María
ISSN: 1138-9664
Year of publication: 2007
Issue: 10
Pages: 67-76
Type: Article
More publications in: Madrygal: Revista de estudios gallegos
Abstract
A lingüística actual concede cada vez máis importancia á enunciación, trasladando o seu foco de atención do enunciado para o texto. Hai aspectos como a subxectividade do discurso, a polifonía, as modalidades textuais, as formas de tratamento, o vocativo, as apóstrofes, as prosopopeas e as hipérboles que se insiren claramente dentro da estilística da enunciación e que a seguir se van tratar na obra de Manuel María. É este un autor que, aínda fundamentalmente poeta, cultivou os diferentes xéneros literarios, deixando en todos eles a impronta dun estilo persoal de fonda raíz popular. Así pois, na presente análise tomaranse en consideración as obras... (Leer más) poéticas do escritor chairego, mais tamén a súa produción teatral, narrativa e ensaística, podendo observarse no seu conxunto a presenza dunhas mesmas características definidoras do seu estilo, tamén desde a óptica da enunciación.