Medición dos niveis de eficiencia en unidades hospitalarias do SERGASUnha análise dinámica
ISSN: 1695-6427
Ano de publicación: 2005
Número: 4
Páxinas: 21-40
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: Revista galega de ciencias sociais
Resumo
O obxectivo último de todo sistema sanitario é acadar os maiores niveis de saúde e de benestar da súa poboación. A consecución deste obxectivo debe encamiñarse seguindo criterios de eficiencia económica. No presente estudo analízase, mediante técnicas de programación lineal, a evolución da eficiencia dun conxunto de unidades hospitalarias que pertencen ao SERGAS. Os resultados obtidos mostran, por un lado, un comportamento estable dos índices medios de eficiencia. Por outro lado, as unidades ineficientes encóntranse operando nun tramo de rendementos crecentes a escala, sendo necesario aumentar o tamaño da súa escala de produción para poder acadar maiores niveis de eficiencia. Para rematar, estimamos os potenciais aforros de inputs e icrementos de outputs que deberán levar a cabo as unidades hospitalarias ineficientes para aumentar a súa eficiencia.