Para un modelo do "code-switching" e a alternância de variedades como fenómenos distintosdados do discurso galego-português/espanhol na Galiza
- Rodríguez Yáñez, Xoán Paulo (coord.)
- Lorenzo Suárez, Anxo M. (coord.)
- Cabeza Pereiro, María del Carmen (coord.)
ISSN: 1576-7418
Year of publication: 2000
Issue Title: Bilingualism
Volume: 1
Issue: 1
Pages: 111-128
Type: Article
More publications in: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas
Abstract
Neste traballo perfílase un modelo para a análise interaccional do code-switching (CS, alternancia de códigos) como un fenómeno comunicativo separado da alternancia lingüística (AL), que é un fenómeno puramente estructural. Os códigos comunicativos son concebidos como mecanismos xerais para poñer de manifesto intencións en moitos niveis da organización discursiva. Un código comunicativo dado mobiliza e organiza series de indicios de contextualización tanto lingüísticos como non lingüísticos. Unha alternancia de códigos comunicativos, ou CS, é, xa que logo, unha estratexia detectable de recontextualización pola que son despregados conxuntos contrastados de sinais. O CS pode ou non conlevar AL, do mesmo xeito que a alternancia lingüística pode ou non ser interaccionalmente significativa en termos das intencións vehiculadas. A interrelación entre CS e a alternancia lingüística tradúces en catro posibilidades: (1) CS con AL (CScomAL); (2) AL sen CS (ALsemCS); (3) CS sen AL (CSsemAL); (4) nin CS nin AL (NemCSnemAL). As tres primeiras posibilidades son examinadas e ilustradas a través da análise interaccional de dous casos de discurso público galego-portugúes/español, procedentes de dous programas de televisión. Finalmente, proponse que un enfoque interaccional do CS debe alonxarse de nocións preconcibidas sobre as "linguas en contacto" e os seus supostos respectivos valores indicadores