Uso dunha ferramenta de traballo cooperativo para incorporara perspectiva de xénero na materia de grao Enfermaría Comunitaria
- 1 Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde-GRINCAR,, GID-EnfermaríaUDC, Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Universidade da Coruña
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Año de publicación: 2020
Páginas: 545-548
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Introdución: O nivel de saúde dos individuos e as comunidades está condicionado polo medio ambiente que inclúe determinantes sociais como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a equidade (OMS). En política de xénero, esta organización indica que a integración das perspectivas de xénero na acción sanitaria obedece a un criterio xusto de saúde pública. Obxectivo: Avaliar o impacto na aprendizaxe e a satisfacción do estudantado dunha materia de segundo curso de Grao en Enfermaría, Enfermaría Comunitaria I, tras a incorporación da perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde. Metodoloxía: Desenvolvéronse tres talleres de docencia interactiva en grupos de 20 estudantes, de hora e media de duración. Realizáronse lecturas (que incorporaban a perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde comunitaria) e dinámicas de debate. Para avaliar o impacto na aprendizaxe do noso estudantado utilizáronse dous cuestionarios con preguntas abertas, un previo á primeira sesión e outro ao final da última; para avaliar a satisfacción empregouse un cuestionario de trece preguntas pechadas de tipo Likert. Os datos analizáronse mediante metodoloxía descritiva cuantitativa-cualitativa (Hernández-Sampieri & Mendoza Torres, 2018). Conclusións: Comprobamos a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero ao pensamento crítico nos problemas de saúde da comunidade. A meirande parte do alumnado constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de saúde de mulleres e homes, non só os factores biolóxicos senón tamén os relacionados co estilo de vida e as diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario.