Fisioterapia en mulleres con trastornos da conduta alimentaria
- 1 Universidade da Coruña. Departamento de fisioterapia, medicina e ciencias biomédicas. Facultade de Fisioterapia
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Ano de publicación: 2020
Páxinas: 305-314
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
A Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña (ABAC) inclúe a área de recuperación física e funcional dentro do seu programa de tratamento multidisciplinar dos trastornos da conduta alimentaria. A Fisioterapia en Saúde Mental non é habitual nestes equipos en España, pero si noutros países. Mediante dous proxectos de aprendizaxe-servizo preténdese cubrir esta necesidade detectada e introducir estes contidos no Grao en Fisioterapia. En coordinación coa área psicolóxica de tratamento desenvolvéronse dúas intervencións de fisioterapia adaptada ás usuarias de ABAC con alumnado do Grao en Fisioterapia, con obxectivos e actividades diferenciadas. 3 alumnos da materia Nutrición e fisioterapia de 3º curso realizaron unha intervención adaptada para o tratamento de lesión ou dor musculoesquelética. A alumna da materia de Traballo de Fin de Grao de 4º curso deseñou e implementou unha intervención de fisioterapia para persoas con TCA dirixida á mellora da imaxe corporal. Participaron 7 usuarias de ABAC. Introducíronse novos contidos de fisioterapia en saúde mental no Grao. Os resultados da intervención de fisioterapia foron positivos en xeral. O alumnado adquiriu as competencias e os resultados de aprendizaxe previstos, pero o seu nivel de reflexión foi variable. A satisfacción entre alumnado, usuarias, profesorado e colaboradoras implicadas foi alta.