O hidroxeodía en Galicia

  1. Acacia Naves 1
  2. Javier Samper 1
  1. 1 Universidade da Coruña, CICA, ETSE Camiños, Canais e Portos
Libro:
Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-775-6

Ano de publicación: 2020

Páxinas: 359-372

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497756.359 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumo

O Hidroxeodía é unha xornada de divulgación da hidroxeoloxía e da profesión do hidroxeólogo organizada simultaneamente en hasta 20 provincias españolas por entidades locais coa colaboración do Grupo Español da Asociación Internacional de Hidrogeólogos (AIH-GE) e do Instituto Geológico y Minero de España (IGME). A actividade consiste nunha excursión ou itinerario hidroxeolóxico no que pode participar todo tipo de público, visitando algunha zona que mostre o papel das augas subterráneas e a necesidade de aplicar técnicas hidroxeolóxicas para diagnosticar e corrixir problemas. O grupo de investigación AQUATERRA da Universidade da Coruña organizou a xornada en Galicia durante os tres últimos anos coa colaboración doutras entidades. En 2017 e 2018 a xornada consistiu nun recorrido polo Concello de Abegondo (A Coruña) no que se presentou a hidroxeoloxía da zona e as accións demostrativas de deseño e mantemento das traídas veciñais e construción axeitada de pozos. En 2019, impartiuse unha formación básica en hidroxeoloxía dirixida ás xuntas de augas das traídas veciñais da provincia de Pontevedra e realizouse unha visita aos mananciais das traídas do Concello de Tomiño (Pontevedra). A actividade tivo un éxito crecente nos últimos anos e está a resultar moi satisfactoria para os participantes e a organización.