Mapeando a eficiencia no consumo da auga

  1. Manuel Soto 1
  2. Francisco-Alberto Varela-García 2
  3. Verónica Torrijos Pérez 3
  4. Domingo Calvo Dopico 4
  1. 1 Oficina de Medio Ambiente UDC
  2. 2 Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sustentabilidade UDC
  3. 3 Dept. Enxeñaría Civil, ETSE Camiños, Canais e Portos UDC
  4. 4 Dept. Química, Facultade de Ciencias UDC
Libro:
Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-775-6

Año de publicación: 2020

Páginas: 383-402

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497756.383 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumen

A enquisa sobre o consumo de auga desenvolta polo Emapic e a Oficina de Medio Ambiente da UDC é unha ferramenta en liña que ten por obxectivos crear o mapa da eficiencia no consumo de auga na Galiza e no mundo, aumentar a concienciación da poboación e reducir o gasto de auga mediante hábitos e equipamentos máis eficientes. Con metodoloxía sinxela no rexistro en vivendas e edificios públicos, fai uso das TIC para mellora da aprendizaxe de conceptos de sustentabilidade ambiental, fomentando hábitos de consumo responsábel. Unha vez feita a enquisa, a persoa participante recibe información e recomendacións para o aforro de auga, así como a comparación cos datos acumulados. Activa desde abril de 2018, conta actualmente con 150 rexistros, que poden referirse a un único baño, p.ex. vivenda, ou a todos os equipamentos dun edificio público, p.ex. facultade. Desta forma, xa inclúe 250 billas e 184 cisternas. Os resultados pódense consultar de forma libre e analizar segundo diferentes criterios: caudal medio das billas, tipo de cisternas, existencia de información para uso responsábel, presenza de sistemas aforradores de auga. A ferramenta é de especial utilidade para a educación ambiental e social, tanto non formal como en calquera dos niveis educativos, e para a xestión da auga nos ámbitos institucionais. Debería servir tamén para poñer en evidencia a entidades que seguen introducindo equipamentos ineficientes que derraman a auga que non temos.