Experiencia de creación e dinamización do MOOC Tecnoloxías para a Participación Activa na Diversidade Funcional

  1. Thais Pousada 1
  2. Laura Nieto-Riveiro 1
  3. Betania Groba 1
  4. Javier Pereira-Loureiro 1
  1. 1 Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), Grupo TALIONIS, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade da Coruña
Libro:
Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-775-6

Ano de publicación: 2020

Páxinas: 177-190

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497756.177 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumo

Neste capítulo, preséntase a experiencia de creación e dinamización do MOOC “Tecnoloxías para a Participación Activa na Diversidade Funcional”, impartido a través de Miríadax entre Xaneiro e Febreiro de 2019, e orientado á transferencia de coñecemento á sociedade sobre as potencialidades ofrecidas pola tecnoloxía para facilitar a participación e a autonomía das persoas con diversidade funcional. O curso estruturouse en catro módulos centrais, conformados por textos, vídeos, test de autoavaliación e outros materiais complementarios con información de referencia sobre a temática. Para a dinamización do curso, empregáronse: correos masivos, foro, retos semanais e comunidade en Google+. Os resultados superaron as expectativas iniciais do equipo docente, acadando cotas elevadas de participación e satisfacción entre o alumnado, e finalizando con éxito a formación máis de 250 persoas. Destacou especialmente a participación voluntaria nos retos semanais e na comunidade de Google+, na que se publicaron máis de 80 materiais orixinais elaborados polo alumnado. Así, nesta primeira experiencia púidose cumprir co obxectivo de transferencia de coñecemento á sociedade, e facelo a través dunha ferramenta gratuíta e interactiva. Os resultados obtidos permiten concluír que tanto os contidos abordados como as metodoloxías e materiais empregados, foron axeitados para favorecer a aprendizaxe e a motivación do alumnado.