Estudo comparativo das “ Blue Careers” na Universidade da Coruñaunha perspectiva de xénero
- 1 Universidade da Coruña Grupo Integrado de Ingeniería
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- Gómez Suárez, Águeda (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Publisher: Universidade de Vigo ; Universidade da Coruña ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-9749-758-9
Year of publication: 2019
Pages: 133-138
Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (6. 2019. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
Tradicionalmente a industria, así como a educación e a formación no ámbito marítimo estiveron marcadas polo predominio masculino. A pesar de que nos últimos anos experimentouse un certo crecemento da participación feminina nas carreiras de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM); os campos relacionados co mar permanecen aínda por detrás amosando unha fenda considerable entre a participación de homes e mulleres. Neste traballo preséntase a situación das mulleres nas denominadas blue careers ou carreiras azuis, como se denominan aquelas carreiras relacionadas co aproveitamento de mares e océanos, que se veñen impartindo na Universidade da Coruña (UDC) entre os anos 2013 e 2018. Esta análise verifica a permanencia dos estereotipos de xénero e a súa influencia na elección destas carreiras universitarias.