Réplica adaptada dunha metodoloxía activa desenvolvida na UDC noutras titulacións e Universidades mediante a colaboración entre docentes

  1. Naves García-Rendueles, Acacia 1
  2. Antunes, Isabel Margarida 2
  3. Samper Calvete, Javier 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

  2. 2 Universidade do Minho
    info

    Universidade do Minho

    Braga, Portugal

    ROR https://ror.org/037wpkx04

Libro:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Año de publicación: 2019

Páginas: 548-551

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

No curso 2016-17, desenvolveuse unha iniciativa de innovación docente na materia de Hidroloxía Aplicada ás Obras Públicas do grao en Enxeñaría de Obras Públicas da UDC. O obxectivo desta materia é asimilar os conceptos básicos de hidroloxía e as súas aplicacións ás obras de enxeñaría civil. Os alumnos e as alumnas resolveron co software VISUALCORE problemas reais simplificados do efecto de drenes e pantallas no fluxo subterráneo. Dito software é unha versión adaptada á docencia do código CORE (Samper et al., 2011) desenvolvido polo grupo de investigación Aquaterra. A actividade foi avaliada moi positivamente polos estudantes e permitiu: (1) Fixar e profundar nos conceptos estudados e (2) Motivar ao alumnado achegando a teoría a realidade e amosándolles as habilidades adquiridas na materia e a utilidade do aprendido nas aplicacións reais. Unha docente da Universidade do Miño púxose en contacto co profesorado da UDC coa intención de replicar a metodoloxía no seu centro en tres materias de diferentes titulacións: (1) Hidroxeoloxía do Grado en Bioloxía-Xeoloxía; (2) Hidroxeoloxía do Grado en Xeoloxía e (3) Xestión das Augas Subterráneas do Mestrado en Xeociencias. Traballouse conxuntamente para adaptar a metodoloxía aos contidos e ás competencias das materias. Unha profesora da UDC realizou dúas estadías cortas na Universidade do Minho, no marco do programa Erasmus+ (EU, 2018), para impartir as clases co software e mostrar ao alumnado aplicacións reais da actividade profesional dun hidroxeólogo. A avaliación dos estudantes e da profesora da Universidade do Minho foi excelente. No futuro, preténdese fortalecer esta colaboración docente interuniversitaria e posiblemente estendela nalgún Traballo Fin de Mestrado.