Grupo de Innovación Educativa nos Estudos Ingleses e Irlandeses

  1. Lorenzo Modia, María Jesús 1
  2. Barros Grela, Eduardo 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Libro:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Ano de publicación: 2019

Páxinas: 545-547

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Tanto a área das Humanidades como especificamente os Estudos Ingleses atópanse nun importante momento de transición durante o primeiro cuarto do século XXI. A situación xeopolítica actual, dominada polas tensións entre a globalización e as sensibilidades locais, invita a repensar as relacións dos individuos e das comunidades coa cultura e coas letras e, por este motivo, é importante xerar coñecemento que se adecúe ás necesidades do alumnado que estará exposto a este panorama social. Neste sentido, dende os Estudos Ingleses da Facultade de Filoloxía e os Estudos Irlandeses do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses, estanse a facer esforzos por achegar ao noso alumando e á comunidade local e global o coñecemento cultural e académico que manexamos nas nosas actividades universitarias, e estanse a desenvolver iniciativas para dinamizar estes clusters informativos. Unha destas propostas educativas consiste no desenvolvemento dunha rede informativa sobre os recursos de investigación no ámbito dos Estudos Irlandeses. O grupo de investigación de Estudos Irlandeses está a crear unha páxina de contidos web que pretende ser pioneira no ámbito estatal, e que recollerá ferramentas de investigación relacionadas coa lingua, a literatura, a cultura, o cine e as artes do ámbito irlandés. O póster que se propón para as III Xornadas de Innovación Docente na UDC recolle os obxectivos, a metodoloxía, os potenciais resultados e as conclusións das diferentes ramas de noso grupo de innovación docente.