Empty Coruña? Un dispositivo académico transdisciplinar sobre a problemática urbana. Como explicar os fallos de mercado e a intervención pública no sector da vivenda?

  1. Calvo-Silvosa, Anxo 1
  2. Longarela-Ares, Ángeles 1
  3. DeLLano Paz, Fernando 1
  4. Bruna, Fernando 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Libro:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Ano de publicación: 2019

Páxinas: 525-528

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

O curso de verán Empty Coruña contou con diferentes tipos de actividades nas que se aplicaron diversas metodoloxías. Isto foi posible grazas á labor desenvolvida por un equipo de traballo formado por docentes de Arquitectura, Arquitectura Técnica, Socioloxía, Dereito, Economía e Empresa da UDC. Un tipo de actividade foi impartir unha clase na rúa a través da utilización dun póster contando con profesores, empresarios, membros de movementos sociais e estudantes. Expoñer contidos sobre os fallos do mercado existentes no mercado da vivenda e a teoría da intervención pública ao alumnado serviu, por un lado, para repensar os esquemas tradicionais docentes. Desta forma, a universidade acercouse á cidade como axente analizador do proceso actual que sofre e os espazos urbanos ao aire libre transformáronse en actores pasivos do curso, ao cambiar o contexto da aula. E, por outro lado, a exposición de coñecementos serviu de base para o traballo práctico e participativo que posteriormente elaborou o alumnado. Esta metodoloxía permite xerar unha retroalimentación máis efectiva que coas exposicións orais tradicionais e supón unha maior implicación do alumnado no proceso de ensinanzaaprendizaxe a partir da cesión da responsabilidade da aprendizaxe ao propio alumnado. O resultado pedagóxico foi positivo, xa que o póster facilitou a explicación dos conceptos nun breve espazo de tempo a un público sen coñecementos previos de Economía e dun xeito visual e ameno.