Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltiple
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 499-501
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Os procesos de avaliación, deben aplicarse ós docentes e mesmo á materia en si, non só ós alumnos. Con esta finalidade formúlase unha análise dos resultados acadados polo alumnado durante a proba de avaliación empregada na materia de Marcos de Desenvolvemento (Grao en Enxeñaría Informática – Facultade de Informática). O exame é de resposta múltiple (4 opcións por pregunta, só unha válida e restando puntos as respostas erróneas). Os exames analízanse en dúas ramas: por unha banda, estúdanse as taxas de acerto/fallo/en branco de cada unha das preguntas; por outra, a porcentaxe de opcións (a,b,c,d, branco) en cada pregunta. Este sinxelo estudo, automatizado mediante o emprego dunha folla de cálculo, permite, non obstante, obter interesantes conclusións: • Detecta ambigüidades ou erros na formulación das preguntas que, polo xeral, se derivan nunha elevada porcentaxe de respostas en branco. • Detecta lagoas de coñecemento nalgunha das áreas da materia, que orixinan preguntas cunha elevada taxa de erros. Cada pregunta está asociada a un bloque teórico, polo que se podes establecer en qué aspectos os alumnos presentan máis ou menos coñecementos. Ambos aspectos poden ser empregados para detectar erros na formulación da materia e/ou exame e facer posible así a definición de plans de mellora de cara ós vindeiros cursos académicos.